Xoves. 04.06.2020
El tiempo

MUROS

A banda muradá Deleiba presenta o seu novo vídeoclip

Corren tempos difíciles para a música. Pero a música nunca para. A pesar de non poder realizar ensaios, gravacións, eventos en vivo… bandas como "Deleiba" aproveitan o parón para editar. Así o quinteto muradán presenta in extremis o videoclip do tema "Menos Es Más", gravado o 7 de marzo no berce da banda, Boavista (Muros), no espectacular entorno dunha fábrica en ruínas coñecida popularmente como "Os Tres Picos”.

Ao seu característico rock de corte punk únense novas influencias que endurecen e reelaboran o son da banda, sempre tinguidas por letras que transmiten unha mensaxe de superación ante os obstáculos impostos polo sistema.

Nesta ocasión, contaron con Iago Pico (Pouland Studios) na mestura e masterización das cancións, e con Pedro Galbán e Miguel García (Ezetaerre) na realización do videoclip. En breve nos irán amosando outros 4 temas, tendo en marcha o novo álbum.

Un traballo pensado para citas de renome como o festival punk de grande formato Tsunami Xixón e o Festival Das Carrilanas, que esperan que se poidan celebrar. A súa experiencia no Caudal Fest lucense, o Castelo Rock muradán e o primeiro posto no Concurso de Bandas de Cuac FM, fan que este verán prometa, sempre que o coronavirus o permita.

A banda muradá Deleiba presenta o seu novo vídeoclip