Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muros

Deleiba saca novo sinxelo mariñeiro preparándose para o Resurrection

Novo sinxelo lanzado pola banda muradá Deleiba. E chega en clave mariñeira, buscando respostas a grandes cuestión da vida no reflexo do mar. Faino ademias cunha aposta sincera á par que arriscada, na que a banda afástase da súa zona de confort da candela. O quinteto afincado en Boavista (Muros) expande o seu espectro musical cunha peza máis pausada. Ás raíces punk-rock da banda únese a sensibilidade do rock alternativo e progresivo, acompañado da crudeza do post-hardcore nas pasaxes máis intensas. Unha vestidura perfecta para cubrir os versos máis intimistas xamais compartidos polos muradáns.

Toda unha declaración de intencións, cociñada a lume lento nos estudos Pouland de Iago Pico, músico e produtor das Tanxugueiras, que tamén ten traballado con artistas da talla de Rayden ou os mítico rockeiros galegos Nao. 

O videoclip, dirixido por Daniel Pérez (artífice de Erguerse, anterior aposta audiovisual do grupo),  mostra a crudeza do traballo no mar e o refuxio no cotián como vía para evadirse dos pesadelos e dos soños sen cumprir. Unha curta liberadora, de vangarda, de impecable factura técnica e fiel á realidade de vilas costeiras como a de Boiro ou Rianxo, onde foi filmado. 

Nova música para asaltar grandes eventos coma o Resurrection Fest

A aposta non remata aquí. Deleiba atópase compoñendo e gravando en estudo as cancións que conformarán o seu novo longa duración. Este sinxelo serve, ademais, como antesala á nova xira do grupo. Comezará en salas no mes de abril e estenderase ao longo do verán por citas de renome coma o Resurrection Fest de Viveiro. 

Máis novas musiqueiras

Deleiba saca novo sinxelo mariñeiro preparándose para o Resurrection