Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muros

Deleiba lanza "Erguerse", unha mensaxe de esperanza para o Rock Galego

Xa está na rede o novo vídeo da band muradá Deleiba. Un vídeo de vangarda que reflexiona sobre os roles de xénero na infancia e a liberdade sexual, e que quere lanzar unha mensaxe de optimismo no pandémico panorama musiqueiro: “Cada vez que me tumben, reunirei as forzas para erguerme”.

Este novo sinxelo de “alta octanaxe” está pensado para asaltar grandes escenarios, como o Tsunami Xixón e do Festival das Carrilanas de Esteiro, citas ás que está invitado o quinteto, programadas para este verán mais cuxa celebración segue a ser unha incógnita.

Para a realización do novo sinxelo de “alta octanaxe” contou coa produción musical de Iago Pico en Pouland Studios, protagonista de producións de grandes bandas galegas como Nao ou Tanxugueiras. O videoclip inclúe tres historias que xiran en torno á liberdade sexual, os roles de xénero na infancia e a superación persoal ante a perda dun ser querido. Mostra unha aposta firme pola estética e o sutil, con ubicacións tan emblemáticas como a Fábrica de Sel de Muros, museo marítimo e actual sede do Clube de Remo muradán, berce de moitos deportistas da contorna ao que cada vez se unen máis rapazas.

O video nace dunha colaboración de primeiro nivel baixo a dirección de Daniel Pérez e a fotografía de Pedro Galbán, contando ademais coa produción de Inés Duport e Luis Santaolalla (ambos da produtora Lunes Films) e David Suárez. Xuntos, conforman un equipo que se está a consolidar como referente da nova fornada de profesionais do audiovisual galego.

Deleiba Foto Banda

 Novas relacionadas

Deleiba lanza "Erguerse", unha mensaxe de esperanza para o Rock Galego