Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Muros

“Alegre Falsedad”. Como Deleiba combate o postureo das redes sociais

Esperan levalo este verán por todo o estado (xa están confirmados para o Tsunami Xixón 2022). A banda muradá Deleiba presenta hoxe un novo sinxelo chamado “Alegre Falsedad”. Un tema que critica o postureo que se vive nas redes sociais e que provocan tremendas inseguridades na mocidade de todo o mundo causadas polos estereotipos de beleza e conduta,

A veterana banda muradá (a pesar de ser fundada en 2019, está formada por músicos con moito percorrido nas costas), critica a alienación que nos provoca estar todo o día vixiando as pantallas.

Máis alá da crítica social, o temazo mantén o frenetismo dos seus comezos, pero comeza a ter un son máis sofisticado, gracias ás influencias de bandas de indie rock, metal alternativo, neoprog e demais variantes que adoitan escoitar. Deleiba Erguerse (2021) consolidou a banda no panorama galego do punk rock e agora dan outro salto con este Alegre Falsedad.

Peza chave é o traballo de Iago Pico de Pouland Studios, produtor emblemático do rock galego de Nao ou Ruxe Ruxe e que hoxe produce e acompaña en directo ás aclamadas Tanxugueiras. Deleiba conta, ademais, co deseñador Miguel Duarte (Dakidarría, Tanxugueiras) para crear unha imaxe acorde á nova travesía da banda.

Deleiba-banda-Muros

NOVAS sobre as bandas muradás

“Alegre Falsedad”. Como Deleiba combate o postureo das redes sociais