Chejar e encher, xa na rúa o primeiro disco da banda muradá Lisdexia

19:32 26/10/18


Ver medrar as bandas da Costa
Moito nos presta en QPC ir vendo medrar as bandas costeiras. Lisdexia formouse en 2015, da man de 5 amigos que estudiaron xuntos na Escola de Música Municipal de Muros ou no Conservatorio de Música Felipe Paz Carvajal. Pouco despois xa comezaban aqueles días de verán cos que os Fran Trillo (voz) e Fran Lestón (guitarra), cabecillas deste proxecto, e Ángel Lestón (baixo), Chema Caamañou (batería) e Javier Fernández (guitarra) comezaran a soar pola bisbarra. Como non podía ser doutra maneira, contaron co imprescindible apoio de Juan Figueiras, director da Sala Nasmo e técnico de grabación do disco. O lanzamento do disco xa era esperado pola xente da zona, xa que grazas aos concertos dados por Muros, alrededores e zonas das Rías Baixas, Lisdexia consiguió chamar a atención de oíntes. Conta con sete temas dun estilo que eles definen cómo Punk-Pop, onde Lisdexia busca crear un ambiente de festa e diversión acompañados de boa música que sexa recordada despuós de que o concerto acabe. O traballo está pensado tambión no xeito de que, en directo a xente poida escoitar exactamente o que se escoita no cd.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/as-bandas-muradas-lisdexia-e-the-rapants-graduanse-con-teen-records/ https://quepasanacosta.gal/comezan-os-dias-de-veran-con-lisdexia/Máis novas musiqueiras
https://quepasanacosta.gal/maestro-ganou-a-batalla-de-bandas-no-cuadrilatero-da-cuac-fm/- A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo.
- RqR, unha fusión musical muradá entre o bonito e o duro de roer.
- Despaciño, o novo éxito de Arguzu Vevo.
- A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo.
- 2015: Terbutalina publica o seu primeiro disco en vinilo.
- 2015: Terbutalina, Mellor Álbum en galego dos Premios da Música Independiente.
- 2015: Muros bótase á risa e o humor con PahieCulo e Archivo Adxunto.
- 2014: Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento.
- 2014: Un par de dilleis nas cavernas de Muros.