Venres. 19.04.2024
El tiempo

Comezan os Días de Verán con Lisdexia

Comezan os Días de Verán con Lisdexia
Pendentes da Noite de Rock do vindeiro 1 de xullo, a #FactoríaNasmo non para de darnos alegrías e poñernos a bailar. A última os amigos de Lisdexia, esa facción punk-rock na que tamén participan os versátiles Arguzu Devo na súa a Bisicleta, ReAcción ou Archivo Adxunto.

Estes novos muradáns déixannos este temazo que vai para temazo de verán: “Os días de verán. Un tema composto excluisivamente para un concurso da Radio Galega sobre a canción do verán. “Un tema sinxelo, pegadizo, escrito en Galego (ao igual que o resto das nosas letras) e cun videoclip moi estival no que plasmamos as nosas ganas de disfrutar musica, pasalo ben e ir cumprindo os nosos obxetivos musicais a base de traballos coma este”, explícanos Fran Trillo.

  Lisdexia, banda de punk rock da Sala Nasmo de Muros Lisdexia, banda de punk rock da Sala Nasmo de Muros

Lisdexia son 5 colegas muradáns (Fran "Arguzu" a voz, Javier a Guitarra, Jalp o baixo, Franles a guitarra e Xakín a batería), tamén membros de outras agrupacións musicais da Sala Nasmo como Archivo Adxunto, ReAcción e Arguzu. Xa levan un par anos ensaiando un pouco na sombra sen aínda dar o paso os directos. Actualmente están gravando a súa primeira maqueta na Sala Nasmo e preparando un repertorio de cancións propias para empezar a actuar no verán, “polo que estamos abertos a contratación”, deixa caer Fran.

Indo ás raíces, “o nome da banda foi una pequena anécdota na que un membro da banda que sofre dun pequeno nivel de "dislexia" pronunciou mal a palabra e lle saleu "Lisdexia". Iso foi obxeto de coñas durante moito tempo entre nos e pareceunos oportuno darlle ese nome a este proxecto co que esperamos ter moitas alegrías”.

Máis novas musi-costeiras

Máis novas

Fonte

Comentarios