Domingo. 29.11.2020
El tiempo

Muros

“O Gerente” cede todo seu legado ás Carrilanas

Este é o vídeo de homenaxe que as Carrilanas de Esteiro lle brindan ao Gerente. Presentado xusto este 1 de agosto, día no que Ramiro García Núñez "Gerente" (presidente de honra da A.D.C. Esteirana de Carrilanas) e David Fernández Lado (presidente da A.D.C. Esteirana de Carrilanas), asinaron un acordo de doazón das carrilanas de "Gerente" á asociación organizadora do Gran Prix de Carrilanas.

Trátase do acordo máis importante dos 33 anos de historia das Carrilanas de Esteiro, unha doazón de carrilanas artesanais únicas no mundo que configuran un patrimonio incalculable para a entidade.

Este acordo provocará que a asociación asuma a total responsabilidade do mantemento, conservación e exposición ao público das carrilanas de "Gerente".

A A.D.C. Esteirana de Carrilanas desexa manifestar publicamente a súa "admiración, cariño, respeto e profundo agradecemento a Ramiro García "Gerente" polo seu compromiso incuestionable co Gran Prix de Carrilanas de Esteiro. Gerente é a persoa clave no Gran Prix de Carrilanas. As 10 carrilanas fabricadas por Gerente dende o ano 1988, son sen dúbida pezas únicas no mundo e representar no seu conxunto, a evolución persoal de Gerente e tamén a do propio evento durante as 32 baixadas de Carrilanas que Gerente Realizou, convertíndose o mestre carrilaneiro, no único piloto en participar as 32 edicións realizadas do Gran Prix", explican.

"Traballaremos nun futuro que se presenta tremendamente complicado pero tamén ilusionante coa máxima esixencia, tomando como base o traballo e o talento do noso querido avó carrilaneiro e mantendo vivo o seu inimitable legado".

Desde xa, a asociación traballa para crear o Museo de Carrilanas "Ramiro García, Gerente". Loitaremos por un local que teña as condicións necesarias para a exposición e conservación de pezas exclusivas e únicas en todo o mundo. "Gerente meréceo, Esteiro meréceo". Será un dos obxectivos prioritarios do futuro.

“O Gerente” cede todo seu legado ás Carrilanas