Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Muros

As propostas de CxG para paliar a crise do coronavirus en Muros

“Con ánimo construtivo”, a ex alcaldesa e voceira de CxG Muros envía estas propostas para teren en conta no pleno para paliar a crise en diferentes sectores.

Propón crear unha liña de axudas para autónom@s e empresas locais, e acrediten o peche forzoso poo estado de alamar, que compense o IBI de 2020 polo local. Ademais propón outra liña para eses autónom@s e empresas locais en locais alugados que tiveron que pechar e que tiveron que seguir pagando.

Pide tamén unha biaxada global do IBI urbano ao 0,4%, así como a exención de pago por instalación de terrazas en dominio público durante o 2020.

Sobre os mercadillos de luns, martes e venres, pide que non se lles cobre aos postos polos días que non puideron montar.

Igualmente solicita retomar canto antes a licitación pública para mover obras públicas, e facer uso de partidas orzamentarias destinadas a eventos e actividades para a loita contra o coronavirus, así como o superávit ou remanente de tesourería de 2019.

As propostas de CxG para paliar a crise do coronavirus en Muros