Luns. 29.04.2024
El tiempo

Muxía

Un videopoema de Rosalía Fdez. Rial seleccionado para un festival de México

Non poderá ir desta vez (xa ten ido á Feira do Libro en 2018) pero acolle a nova cunha alegría inmensa. O vídeopoema “A cámara lenta”, de Rosalía Fernández Rial, vén de ser seleccionado na Sección Oficial do Festival Helios Sun film poetry de México.

Trátase dunha peza pertencente ao libro "Desnortada", publicado en Espiral Maior. O vídeo está feito por Adrián Gómez, co acordeón de María Álvarez, o control de son de Manolo Dourado e a colaboración de Ángeles Huerta.

”Moi guai, porque é un festival bastante potente no que seleccionan videopoemas de todo o mundo. A verdade é que é un subidón que seleccionen un traballo teu”, sinala fachendosa Rosalía.

Así, a segunda semana de novembro, un festival estará disfrutando coas creación da nosa poeta.

Novas relacionadas

Un videopoema de Rosalía Fdez. Rial seleccionado para un festival de México