Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ponteceso

BSoul, música urbana cormelá dende Formentera

De familia de músicos (nada menos que neto de Suso de Basilio), Abraham Cousillas Méndez é Bsoul. Este cormelán afincado en Formentera deléitanos coa súa música urbana e vén de presentar o seu novo traballo, “La nueva era”.

Ten 29 anos recén cumplidos, marchou ás illas por traballo pero namorou e alí quedou:

  • QPC: Cóntanos como creciches rodeado de música no seo da familia?.

Meu avó é músico e ensinoume desde moi pequeno. Non teño unha formación académica oficial porque nunca fun ao conservatorio, pero teño moi bo oido e moito ritmo. Sempre me adiquei a tocar a bateria e percusión e xeral, pero xa desde 2013 empezei a gravar música e producila, de forma totalmente autodidacta.

A miña infancia foi algo dura, meu avó era moi esixente no referente á música e á mítica Banda de Música Eduardo Pondal, na cal empezei con 11 anos, e estiven ata máis dos 20 anos. Pero con 7 ou 8 anos xa tocaba ma banda de gaitas o tambor e o bombo. Con 11 anos xa empecei co amigo Noé na primeira banda de rock, Blizar. Tamén estiven anos cantando e dándolle á batería no “death metal”, era como un desafogo. Pouco despois, en 2013 comecei con isto da musica urbana con Juan Vidal. El foi o que me impulsou a cantar, a que antes só me adicaba a tocar a batería.

  • QPC: Como defines a túa música actual?

A miña música é moi personas e reflexiva sobre a vida, os erros a a aprendizaxe dos mesmos, ao igual que os valores e virtudes que teño e me gustaría inculcar as futuras xeracions.

Os meus referentes foron: Bob Marley, SKFD, Nach, Morodo, Manu Chao, Heredeiros da Crus entre outros.

  • QPC: Como afrontas o futuro musical?

A día de hoxe estou en trámites para formar o meu propio selo discográfico independiente, pero todo apunta moi ben. Realmente non me sinto demasiado conectado coa música popular actual xa que non me representa. Vexo mentes demasiado vacías que non chegan a comprender ideas nin melodías demasiado complexas, e que se reflexa nas tendencias musicais actuais.

 

Abraham tenlle cantado á “Fariña” dedicado ás “persoas presas das drogas”:

E se queredes coñecelo mellor, podedes ver esta horiña de entrevista dunha horiña, na que fala das súas frustracións e paixóns, como a cociña, e do aire fresco que vive lonxe de Corme:

 

Novas relacionadas

BSoul, música urbana cormelá dende Formentera