Venres. 29.03.2024
El tiempo

Ponteceso

O festival de Eurovisión Festivalga conta coa participación do CRA Nosa Señora do Faro

  • [Pincha en Watch on Facebook para ver o vídeo]

O CRA de Valga organizou o Festival de Eurovisión 2022 Festivalga para nenos e nenas dos CRA de Galicia e todos aqueles colexios con ganas de de concursar . Poden participar todos os colexios que queiran e o CRA da Costa da Morte Nosa Señora do Faro non podía faltar nesta nova iniciativa. Para concursar tiveron que presentar unha actuación en forma de vídeo na que se inspiren nunha das cancións que teña participado no seu día no festival de Eurovisión, no Eurojunior ou no Benidorm Fest. Nesta ocasión o CRA apostou polas artistas da casa que están de moda e son todo un referente despois da súa experiencia tras o seu paso polo Benidorm Fest 2022, Tanxugueiras.

O prazo de entrega pechou o 10 de maio pero, coincidindo co Día de Europa,  a gala final celebrarase o venres 13 de maio no auditorio de Valga (Cordeiro) en riguroso directo de 12:00 a 14:00 horas. Estaremos pendentes do fallo do xurado pero mentres tanto disfrutemos da molona actuación dos nenos e nenas do CRA Nosa Señora do Faro. 

Festival Eurovision de Valga

O festival de Eurovisión Festivalga conta coa participación do CRA Nosa Señora do Faro