Empezou esta fin de semana a nova edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua. A proposta da Coordinadora de Servizos de Normalización Lingüística (COTENOL) toca facerse na rede, e comezaba con acento xalleiro. Foi Ángel Carracedo o que abría a serie de intervencións que suman ás 38 intervencións das edicións anteriores accesibles na web do LGx15 e no YouTube.
O LGx15 estará vivo cada noite, a partir das 21:00h, en YouTube e Facebook ata o sábado 28 de novembro, con varias charlas de 15 minutiños, como esta de Carracedo que contou a súa experiencia lingüística vital, recoñecendo o seu amor pola lingua, trasmitido pola súa nai, pero recoñecendo datos duros, como que na Facultade de Medicina onde dá clase non chega ao 3% as clases en galego.
Así, estes días poderemos escoitar ao a destrador de baloncesto e profesor universitario Adrián Dios (da Serra de Outes); á presentadora Ester Estévez, á cantante Laura Martín, a actriz Bea Campos, á banda Verto, ou o xornalista e divulgador cultural Manuel Gago.
LGx15
O LGx15 leva activo dende xaneiro, cando xa puidemos ver as intervencións doutros costeiros, como o bombeiro herculino afincado en Carballo, Roberto Rivas, a heroína irmandiña da TVG Alba Mancebo, ou a poeta carballesa Rosalía Fernández Rial:
Outros certames
- 600 achegas afianzan Youtubeir@s como o gran evento dinamizador da rede en galego.
- Unha Proposición Non de Lei para que o Xabarín volva ser o referente cultural para a mocidade galega.
- A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay.
- Máis de 100 cabeceiras para celebrar, en Carballo, o Día dos Medios en Galego.
- Bo momento para prepara o teu traballo para o Certame de videos, podcast e regueifas de AMEGA.