Venres. 26.04.2024
El tiempo

Santa Comba

O pleno de Santa Comba aprobou o POS+23 e varias obras de convocatorias anteriores

Celebrouse este luns un novo pleno en Santa Comba. Outro pleno de urxencia para aprobar un POS+23 cheo de asfalto, aceptado por unanimidade pola oposición, que si pediu que estas convocatorias non se convoquen con tanta urxencia (de venres a luns, cando a data de vencemento para ser aprobado no pleno sábese dende hai meses) para poder realizar comisións informativas para facer un POS consensuado.

Un Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de concellos que chega con 640.000€, polo 1 millón do ano pasado, algo criticado por Ucha Velo, xa presentado como candidato por Espazo Común. Unha redución xeralizada en toda a provincia en calquera caso.

Entre os proxectos aprobads atopamos 383.000euros para a reurbanización da Avda de Santiago, dende o pk.28,350 ao 29,020; a nova rede de abastecemento de auga dende San Cristobal ata Santa Comba (133.00€) e a mellora da pavimentación do vial entre Cruz de Santos (Ser) e A Ermida (72.245€)

Aprobouse tamén o POS+adicional 1/2023 para gastos sociais extraordinarios, a través do cal a Deputación obriga aos concellos a derivar parte das axudas a asuntos sociais.

Ademais, foron aprobados arios proxectos do POS 20, 21 e 22 que quedaron desertos no seu momento polo encarecemento das materias primas, como explicou a alcaldesa María Pose. Así é o exemplo do proxecto modificado da obra Santiago-Concello de Santa Comba (AC-406, P.K.28+950 a P.K. 29+270) do POS+2020; o proxecto de Pavimentación e sinalización de viais dos lugares de Outeiro e Boaña de Abaixo como do de Vilar de Abaixo, incluídos nos POS22; todos aprobados por unanimidade.

Un dos puntos máis conflitivos da sesión foi a aprobación do recoñecemento extraxudicial de créditos, uns 90.000 para pagar unhas facturas aprobadas hai uns anos polo goberno de CxG que non foran contabilizadas en tempo e forma. Foi aprobado coa abstención do PSOE e dos edís non adscritos, por considerar que o procedemento realizado polo anterior alcalde de contratación a dedo foi irregular.

O pleno recolleu ademais a toma de coñecemento do escrito de renuncia da acta da concelleira Esther Espasandín.

Outras novas do POS

O pleno de Santa Comba aprobou o POS+23 e varias obras de convocatorias anteriores