19 locais montan no tren da 5ª edición do Carballo por Etapas
07:37 10/04/17
Serán finalmente 19 os locais de hostalería que participarán na 5ª edición da ruta gastronómica “Carballo por Etapas”. Unha iniciativa que organiza a Concellaría de Promoción Económica e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), e que se celebrará as fines de semana do 26 ao 28 de maio e do 2 ao 4 de xuño.
Na relación hai locais situados en distintos barrios urbanos, polo que o tren turístico que acompaña ao evento edición tras edición fará este ano un completo percorrido pola vila. Na listaxe de participantes figuran A Barra Bar, A Cervecería de Luis, A Nova Ferradora, Cafés A Cafeteira, cafetería Abastos, cafetería bar Ginebra, cafetería Habanos 79; cervecería Ágora, cervecería Dublín, cervecería La Bombonera, mesón A Cabaña, mesón As Viandas, Mio Fratello (de próxima apertura na rúa Carlos Casares), restaurante El Hórreo, restaurante Mesón do Pulpo, restaurante vinoteca A de Pako, taberna O Mexillón, o Bar Embajador e trattoría pizzería Vesuvio.
Ademais tamén participarán varias empresas, que colaboran co Concello de Carballo e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) facilitando todo tipo de produtos. Polo momento está confirmada a participación de Bodegas Carballo, Proquiber, Distribucións Cotelo, Disboa e Exclusivas Rivas Suárez, ademais de Conservas Calvo.
Deste xeito, a primeira fin de semana estará dedicada ao atún Calvo e a segunda, aos produtos de Bergantiños. As tapas custarán 1,5 euros, e con cada unha entregarase un boleto tipo rasca co que a clientela poderá conseguir premios instantáneos. O horario será de 20 a 22 os venres, e de 12 a 14 e 20 a 22 os sábados e os domingos.Novas relacionadas
- 2017: Os hostaleiros fixan as datas para a quinta edición do Carballo por Etapas.
- 2016: Os hostaleiros fórmanse para o Carballo por Etapas
- 2016: O Carballo por Etapas repartirá 940€ en premios
- 2016: 21 paradas para o Carballo por eTapas.
- 2016: Xa hai datas para a ruta gastronómica de Carballo por Etapas 2016.
- 2015: Volven as eTapas a Carballo en forma de obradoiros
- 2015: Carballo preparáse para as máis ricas eTapas.
- Carballo por etapas crea escola.
- 2014: Carballo por eTapas servíu 6.000 tapas a primeira fin de semana.
- Carballo por etapas: Quedamos para comer Carballo por etapas.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo