xoves. 01.05.2025
El tiempo

3 meses de actuacións para encher o Auditorio de Vimianzo

3 meses de actuacións para encher o Auditorio de Vimianzo
PROGRAMACION OUTUBRO-DECEMBRO 2015 - CASA DA CULTURA MARCAPAXINA

Cambia o Concello de Vimianzo o domingo polos sábados, pero a proposta cultural para o outono-inverno segue perfectamente en pé. 3 meses (outubro, novembro e decembro) de actuacións, todas ás 21:00h, no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, facendo da programación continua a mellor receita para encher o teatro.

3 meses que dan comezo esta fin de semana.

Outubro comediante

Durante o mes de outubro a comedia será a protagonista.

O vindeiro sábado día 10 o Grupo de Teatro Badius representará a súa obra Frankenstein, na que un neto do Dr. Frankenstein tentará emular ao seu avó repetindo os seus experimentos.

O día 17 os actores que conforman Boneca Lareta, Luís Iglesia e Xabier Deibe, reflexionarán acerca da existencia ao ritmo da música no seu espectáculo Filosolfando.

O sábado 24 chégalle o turno a Malasombra Producións coa obra A herdanza. Nela uns irmáns tentan repartir a herdanza dunha nai aínda viva.

O peche de outubro darao o sábado 31 A mámoa teatro coa obra Se o sei non volvo á casa, unha obra que nos presenta a volta dun emigrante da Arxentina a princípios do século XX.

Novembro musiqueiro

Durante o mes de novembro a protagonista será a música.

O sábado 7 actuarán os músicos de Vimianzo Irma Macías, Suso de Andrea, Rosa Oreiro, o Grupo Aserrín e Viruta, Jaime de Vilaseco e a Charanga Escándalo.

O cantante Narf achegarase a Vimianzo o sábado 14 para presentarnos o seu último traballo.

O día 21 volven a subir ao escenario múscicos de Vimianzo, esta vez tócalle o turno a Serj, Urko, Suso de Quinito, Fu-Gao's, Efra e Druidas da Rolda.

Para finalizar con este ciclo o sábado 28 poderemos gozar coas cancións de Guadi Gallego que se achega a presentarnos o seu traballo Lúas de outubro e agosto.

Novembro Musiqueiro Vimianzo 2015

Decembro teatreiro

O mes de decembro estará dedicado ao teatro

O día 5 Sal-Monela Teatro presenta a obra Tan perfecto non te quero, unha obra ambientada en 1955 que mostra as vicisitudes dunha serie de persoas que configuraban a sociedade da época.

O sábado 12 Talía Teatro achégonos Mil primaveras, unha apaixoante viaxe pola historia, un percorrido poético con gran dose de humor e ironía onde a palabra e a música ocupan a maior parte da equipaxe.

O remate deste ciclo de programación será o sábado 19. Este día Mofa e Befa representarán Bobas e gallegas, un percorrido polas ocupacións que os criados galegos desenvolvían no Madrid do século XVII.

PROGRAMACION OUTUBRO-DECEMBRO 2015 - CASA DA CULTURA MARCAPAXINA

Fonte

Comentarios