Martes. 07.05.2024
El tiempo

34 artistas levan as súas Miradas ata Muxía

34 artistas levan as súas Miradas ata Muxía

Xa os vimos no Pazo da Cultura carballés. E menudo luxo. I é que poder ver unha exposición colectiva con 34 artistas da zona, non se pode facer todos os días. Poderémola visitar e disfrutar entre 5 e o 27 de decembro no Edificio de Servizos Múltiples de Muxía, no marco da exposición “Miradas 3”.

Unha exposición que terá a súa inauguración, seguro que por todo o alto, este venres 5 ás 21:00h no propio Edificio de Servizos Múltiples muxián. Na inauguración, aberta ao público, haberá música das Abaladeiras de Muxía, e unha performance de Teresa Búa.

A mostra é unha colectiva que reúne 34 artistas vinculados uns con Carballo, e outros, con Muxía. Esta colectiva que pon en contacto artistas dos dous Concellos xa tivera dúas edicións anteriores, no ano 2012 en Muxía e no 2013 en Carballo. Este ano toca de novo ao Concello de Muxía ser o organizador.

Na mostra, que permanecerá aberta ata o 27 de decembro, participan os seguintes artistas:

Expo Miradas Muxia 2014
  • Adriana Díaz Iglesias.
  • Alexandro.
  • Ana García.
  • Antonio Reino.
  • Antonio Taracido.
  • Antonk.
  • C. Trillo.
  • Chiña.
  • Clara Toba.
  • Cristina Castro Santiago.
  • Detlef Kappeler.
  • Emi de las Heras.
  • Eva Facal.
  • Fátima Fortea.
  • Isa Fernández.
  • Javier Toba.
  • Jose Garrido.
  • Juan Casares.
  • Laura Tova.
  • Milagros Cotelo.
  • Mon Lendoiro.
  • Mónica Noya.
  • O Mighelo.
  • Raúl Herrera.
  • Santi Picos.
  • Santiago Castro Taibo.
  • Sar.
  • Susana Llorente.
  • Teresa Búa.
  • Tomás Luna.
  • Viki Rivadulla.
  • Xabier de Lus.
  • Xesús Búa.
  • Zizi.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muxía.

Comentarios