![Festivales Costa da morte -Galicia2016]()
Ademais das súa gastronomía, da súa paisaxe,... a Costa da Morte agocha - sobre todo no verán - unha gran programación festivaleira apta para todos os públicos. Imos dende Muros a Malpica, do folk ao indie máis moderno. Imos de festivais pola
Axenda Sonora da Costa da Morte. Aquñi os presentamos, e tendes todos actualizados en
www.axendacostadamorte.com.
Sereas e Piratas en Razo
![Festival Sereas e Piratas -Razo-Carballo 2016]()
O
23 de xullo de xullo será a data dunha das citas máis modernas da nosa Axenda Sonora. No paradisíaco lugar de Razo, música e surf fúndense nunha soa data para celebrar unha auténtica festa surfeira. O
Festival Sereas e Piratas chega cunha marea de bandas na cresta da onda, un Mercado e un campionato de Surf de primeiro nivel.
Nordestazo en Malpica
![nordestazo rock malpica 2016]()
Heredeiros da Crus, Marky Ramone, Os Diplomáticos de Monte Alto, Bastards, Agoraphobia, True Mountains & The Phantom Dragsters, e unha banda emerxente, serán os principais protagonistas do Nordestazo que se celebra o
30 de xullo no porto de Malpica. Paralelamente a este
festival rock está programada unha intensa xornada de música, actividades alternativas de todo tipo, desde a customización de camisetas á degustación en
foodtrucks, pasando por clases de
surf ou acampada gratuita para os asistentes.
XXXIII Carballeira de Zas
![cita bandas nacionais e internacionais como Gigolo Aunts, Rah Rah, Tachenko, Nudozurdo, León Benavente, Kula Shaker, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos e Fogbound.]()
O
festival folk por excelencia da Costa da Morte. A principal novidade da 33 edición da Festa da Carballeira de Zas é que se celebrará dous días. Mago de Oz será a cabeza do cartel do venres,
5 de agosto, no que tamén estarán O Ghusto do Boi, a Banda Crebinsky e Ruxe Ruxe. Xa o sábado,
6 de agosto, a programación comezará a partir das dúas da tarde. A degustación de mexilóns e unha gran foliada, ademais de xogos para nenos, daranlle paso á unha noite folk. Pelepau, Luar na Lubre, Steve'n' Seagulls, Skerryvore e Andrés Penabad encherán de maxia a carballeira de Velar.
O bono para os dous días é de 10 euros para as primeiras 500 entradas que se poden mercar
a través da páxina da organización que ofrece zona de acampada gratuita.
X Festival V de Valarés
![festival v de valares 2016]()
A música e a natureza tamén se dan da man no festival V de Valáres. Un dos areiais por excelencia de Ponteceso acolle
do 12 ao 14 de agosto un
festival de música independente. Bandas nacionais e internacionais do nivel de Gigolo Aunts, Rah Rah, Tachenko, Nudozurdo, León Benavente, Kula Shaker, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos e Fogbound (e outras sorpresas) forman o cartel.
O bono para os tres días con acampada é 40€ máis os gastos de xesión. E a entrada para un só día é de 25€. O aforo é limitado.
XII Festival Castelo Rock en Muros
![/os-diplomaticos-saldaran-unha-debeda-historica-con-malpica-no-nordestazo-2016/]()
Ese ano o Castelo Rock de Muros (
12 e 13 de agosto) estrea ubicación. O parque empresarial da vila acollera este festival onde se ofrece unha zona de acampada máis grande que a de edicións anteriores e máis próxima á zona de concertos. Molotov, Mojinos Escozíos, The Locos, Dubioza Kolektiv, Muchachito, Terbutalina, Dakidaría, Ánima, Desterrados e Festicultores Troupe serán as bandas que encabezan o cartel. As actuacións de todos eles terán lugar na nova ubicación do festival, situada no parque empresarial de Muros onde haberá unha zona de acampada libre con maior capacidade e máis próxima á zona dos concertos.
O precio do bono para os dous días é de 27,5€, máis gastos de xestión, e pódeseme mercar en
www.castelorock.com, Discos Portobello (A Coruña), A Reixa (Santiago de Compostela), Tienda Tipo (Vigo), Jamonería Varadoiro (Muros) e nas oficinas de correos de toda España. O custe da entrada para un día só é de 22,5€ xunto cos gastos de xestión.
XVI Festival Folk na Fin do Camiño
![Festa Folk na Fin do Camino 2016]()
Despois dun ano sen festa na Anchoa, volve con máis forza que nunca
Festa Folk na Fin do Camiňo na súa XVI edición. Aquí vemos o cartel inicial, obra da artista fisterrá Mabel Díaz. Aínda non coñecemos as bandas que van participar, pero de seguro serán referencias importantes da música celta galega. O que si sabemos tamén é que participarán os gañadores do I Certame de Folk Emerxente, apostando tamén polas novas bandas. A cita, o
sábado 20 de agosto na Anchoa, Fisterra,onde sempre.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).