A APLU realizou 9 derrubamentos dende comezos de 2016

10:50 15/02/17

Se en en 4 anos foron 33 os derrubamentos ordeados pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), dende que comezou o 2016, van apenas 9. 7 desenvoltos en 2016, nos Concellos de Carnota, Carballo (3), Muros, Muxía e Ponteceso.
Este 2017 comezou con dúas accións, unha en Buño (Malpica) e outra en Arou (Camariñas). En Buño a APLU procedeu a derrubar unha vivenda unifamiliar construída en solo industrial, mentres que en Arou, a vivenda derrubada estaba construída sobre solo de servidume de PDPMT.
Se ben consideramos que a APLU debería actuar moitas máis veces, estas accións dan conta da necesidade de manter a legalidade urbanísitica.

Derrubamentos de 2016







Novas relacionadas
- Feísmos: Conclusións a ritmo de pasodobre.
- Decembro 2015: A APLU realizou 33 derrubamentos na Costa da Morte en 4 anos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).