mércores. 07.05.2025
El tiempo

A Aula CeMIT de Fisterra aprende e informa

A Aula CeMIT de Fisterra aprende e informa
Charla Consumo fisterra

Non para a Aula CeMit de Fisterra. Desta volta abre o prazo de inscrición nunha charla e tres interesantes cursos relacionados co manexo do ordenador.

A primeira cita celebrarase o luns 3 de outubro ás 11:00h, e será unha charla informativa sobre “Consumo responsable no supermercado”. Nesta actividade analízase o significado de practicar un consumo responsable, ao tempo que se fai unha reflexión crítica sobre os pasos a seguir para realizar unha compra: que facer antes, durante e despois de mercar. Reflexiónase sobre a cadea de trazabilidade pola que pasan os produtos alimenticios antes de chegar á persoa consumidora e como posuír estes coñecementos poden influír dalgún xeito na toma de decisións de consumo.

Cursos

Ademais, está aberto o prazo para os seguintes cursos:

  • Curso de “Facturación e contabilidade. Cont4”, do 13 ao 30 de outubro, de luns a xoves, de 17 a 19:30.
  • Curso de “Nóminas”, do 17 ao 28 de outubro, de 10:00 a 13:00.
  • Curso de “Inglés”, do 6 de outubro ao 15 de xuño, tódolos xoves de 16:00 a 17:00.

Máis información e inscricións na propia aula, no teléfono 673081740 ou a través do facebook Aula Cemit Fisterra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios