Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Aula CeMIT de Fisterra empeza a temporada con novos cursos

A Aula CeMIT de Fisterra empeza a temporada con novos cursos
Cursos 14-15 na Aula CeMIT de FIsterra

Non para de formar en materia de novas tecnoloxías a Aula CeMit de Fisterra, unha envexa para outros moitos despois de 3 anos de traballo. Estes meses de setembro e outubro volve a axente dinamizadora Alicia López armar novos cursos.

O 22 de setembro arrinca un curso de 30 horas para Programación de móbiles Android para despois en outubro continuar con materia de APP.

De búsqueda emprego a través das NNTT tamén haberá un curso a comezos de outubro, mentres que en novembro tocará falar de Identidade Dixital e os servizos que podemos acadar cas administracións electrónicas.

O Lugar de información e inscrición: aula Cemit Fisterra, tlf. 673081740 / [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios