Sábado. 27.04.2024
El tiempo

3 anos formando en materia dixital aos veciños de Fisterra

3 anos formando en materia dixital aos veciños de Fisterra
Un dos cursos da AUla CeMIT de Fisterra

A aula CeMIT de Fisterra vén de cumprir tres anos ofertando formación e servizos en materia alfabetización dixital aos veciños da vila do Cristo. O ano pasado celebrabamos os seus 2 anos en funcionamento, e este curso, facemos o propio. E de paso, lamentamos que non hai máis aulas coma esta no resto de concellos da bisbarra, sobre todo nos que foron aprobadas no seu día, como Corcubión.

Tres anos nos que se contabilizan: máis de 500 usuarios/as rexistrados/as, case 3500 horas de aula aberta (espacio de tempo no que os/as usuarios/as acoden de forma libre a facer uso dos equipos e recursos e mesmo prantexar dúbidas) e 144 obradoiros (máis de 2500 horas de formación). Pero moito máis, pois houbo charlas, actividades por videoconferencia, e mesmo a conexión de Papá Noel tódolos anos dende Laponia…

As actividades, na súa grande maioría, de alfabetización dixital, tratan de dar a coñecer as nocións básicas no uso das novas tecnoloxías, e permitir a calquera dos individuos, facer uso de forma autónoma das TIC.

Unha formación ademais non ten idade, como o propio uso das novas tecnoloxías .

Novo Curso

Mentres, o Concello de Fisterra lanza un novo curso, neste caso de Deseño e Maquetación de Impresos Publicitarios. Que necesario é para darlle un pouco de vida aos carteis das festas!!

Xa se poden inscribir ata o día 9 nas oficinas municipais, e o curso será do 12 de maio ao 20 de xuño, de 16:00h a 17:00h na Aula de Informática municipal.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios