A bisbarra solidarízase coa familia de Abdoulaye

08:16 27/04/16

Todos somos Abdoulaye"
A última é a posta en marcha polo Corme CF e a asociación deportiva Vidú -en colaboración co Muxía CF -que queren poñer en marcha un torneo de fútbol base, que se celebraría os días 14 e 15 de maio no campo municipal de Arliña, co propósito de xuntar fondos para a repatriación de Abdoulaye. Co fin de que o torneo “Todos somos Abdoulaye” vaia adiante, Suso da Torriña e Martín Varela - en representación da organización -desprazaranse hoxe ata Baio, aproveitando que se celebra unha reunión con motivo da copa da Costa Infantil e Cadete, para trasladar as súas intencións aos clubes costeiros e que estes se involucren nun torneo que se celebrará unicamente co obxectivo de apoiar economicamente á familia de Abdoulaye e do Muxía CF. Novas relacionadas Fonte- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Corme CF