xoves. 15.05.2025
El tiempo

A Bolsa de Traballo de Carballo acadou 187 insercións laborais en 3 anos

A Bolsa de Traballo de Carballo acadou 187 insercións laborais en 3 anos

Dende a súa posta en marcha, o 19 de novembro do 2012, a Bolsa de Traballo do Concello de Carballo ten tramitado 274 ofertas para un total de 373 postos de traballo. Para realizar a selección foron convocadas 2.878 persoas, un 62,54% das cales responderon satisfactoriamente. Así mesmo, dende a BDT enviáronse 1.611 currículos ás empresas, e nun 71,86% dos casos as ofertas pecháronse coa colocación dalgunha persoa inscrita na BDT como demandante de emprego. En total acadáronse neste período 187 insercións laborais.

A día de hoxe, BDT de Carballo ten abertas neste momento cinco ofertas de emprego en distintos sectores. As persoas interesadas poden informarse no servizo municipal, que ten a súa sede no Fórum Carballo, ou chamando ao 981 709 011.

O horario de atención ao público é de 8.30 a 14.30, de luns a venres. E as ofertas abertas, e que urxe cubrir, son as seguintes:

  • Mecánico-reparador de maquinaria de construción para Carballo. Imprescindible experiencia de 2 anos, como mínimo, no posto de traballo.
  • Licenciado/a en filoloxía inglesa, tradución ou interpretación para impartir clases de lingua galega, lingua castelá e inglés en academia. Xornada de tarde.
  • Fisioterapeuta para clínica en Carballo.
  • Empregada doméstica para Carballo. Imprescindible experiencia no coidado de nenos.
  • Torneiro-fresador para Carballo de 18 a 29 anos de idade. Imprescindible Formación Profesional de Mecanizado.

Traballa na Costa, o Infojobs da Costa

Traballar na Costa

Os que seguen incombustibles sendo a gran referencia informativa en materia de ofertas son os moz@s do blog traballarnacosta.blogspot.com.es. Un espazo onde suben todas as ofertas que atopan pola rede e que lles chegan de empresas, concellos, asociacións… Un traballo espectacular o seu!

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da BDT.

Comentarios