venres. 02.05.2025
El tiempo

A Deputación anticipa máis de 956.000 € aos concellos da Costa da Morte

A Deputación anticipa máis de 956.000 € aos concellos da Costa da Morte
Catorce concellos de Bergantiños e Soneira delegan na Deputación o cobro das súas taxas Catorce concellos de Bergantiños e Soneira delegan na Deputación o cobro das súas taxas A Deputación da Coruña acaba de efectuar adiantos na conta dos 81 concellos da provincia que teñen delegada a recadacción dos seus impostos municipais na institución provincial un total de 127,5 millóns de euros. Na Costa da Morte serán 16 os concellos que reciban este adianto o cal suma máis de 956.000€. A cifra do total da provincia da Coruña - 127,5 millóns de euros - supón 6,5 millóns de euros máis que en anteriores exercicios, tras a decisión do actual goberno provincial de incrementar do 90 ao 95% o anticipo a conta que a Deputación realiza aos concellos en base á liquidación de impostos municipais como o Imposto de Bens Inmobles (IBI) o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), o Imposto de Actividades Económicas (IAE) ou a taxa de recollida de lixo. O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, subliñou “a importancia que esta medida ten para para as economías municipais”, xa que “mellora de forma notable a liquidez de todos os concellos e as súas posibilidades de atender as súas obrigas económicas e reducir o período medio de pagos a proveedores”. “Para os concellos da provincia que teñen delegada a recadación de impostos na Deputación é unha tranquilidade saber que poden contar puntualmente con este adianto, que supón unha parte importante dos seus ingresos, e que este ano se verán incrementados en 6,5 millóns de euros, chegando ao 95% do total da recadación estimada, o que nos coloca como unha das deputacións de España que maior esforzo realizan nesta materia”, afirmou o presidente provincial coruñés. Os concellos disporán mensualmente do anticipo correspondente, evitando así ter que esperar a finais de ano para facer a liquidación, xa que o período de pago de certos impostos como como o IBI ou o IAE lévanse a cabo habitualmente no derradeiro trimestre. O primeiro destes anticipos xa foi realizado pola Deputación o pasado venres, 29 de xaneiro.   Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasancosta.com)
  • Deputación

Comentarios