venres. 02.05.2025
El tiempo

A Deputación destina máis de 9.000€ ao gran premio de carrilanas de Esteiro e ao Pequebasket de Carballo

A Deputación destina máis de 9.000€ ao gran premio de carrilanas de Esteiro e ao Pequebasket de Carballo
O Pekebasket de Carballo reune todos os anos a centos de nenos de toda a comunidade O Pekebasket de Carballo reúne todos os anos a centos de nenos de toda a comunidade A Deputación da Coruña ven de conceder 93 axudas a outros tantos clubes e sociedades deportivas da provincia para levar a cabo distintos eventos deportivos. As achegas provinciais, que se publican no BOP de onte, supoñen investimentos por un importe global de 321.157,13 euros. Dentro da bisbarra, as únicas beneficiarias destas axuas serán a asociación cultural deportiva Esteirana de Carrilanas, con 2.198,00 euros para a organización do XXIX Gran premio de Carrilanas de Esteiro 2016 e a Escola de Baloncesto Xiria de Carballo, que recibirá 6.989,50 euros para a organización do 4º día autonómico do “Pequebasket” cuxo obxectivo é o fomento e promoción deste deporte. "O obxectivo destas achegas é  contribuír ao desenvolvemento de actividades de fomento das distintas disciplinas deportivas nos concellos coruñeses”; destacou o deputado responsable da área de Deportes da institución provincial, José García Liñares, que detallou que entre as axudas incluidas na convocatoria inlcúense probas deportivas de renome como o Pantín Classic de Surf, o Rallye Internacional de Ferrol ou as carrilanas de Esteiro, ata outras de ámbito máis local, pero que contan cun importante nivel de participación. Fútbol, baloncesto, atletismo, rugby, judo, piragüismo, remo, natación ou rallyes son algunhas das actividades deportivas que a Deputación financia a través desta convocatoria, na que tamén se promocionan eventos deportivos de carácter máis minoritario que van dende o tenis de mesa ao xadrez. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña
 

Comentarios