![estrada-coristanco-santacomba]()
Do quilómetro 0 ata o 10. Dentro do plan provincial de mantemento das estradas provincias, a Deputación da Coruña destinará preto de dous millóns de euros. Unha parte irán para a reparación da estrada que comunica
Coristanco e
Santa Comba, onde se mellorará o firme da DP 2904 dende o punto quilométrico cero ata o 10 da estrada
por 719.038,45 euros.
Neste tramo está previsto
renovar a capa de rodadura mediante o estendido dunha mestura asfáltica en quente e a adecuación das
tapas de rexistro e
sumidoiros. Tamén se aproveitará para
realizar a limpeza de maleza nas marxes do viario e beiravías. Tras as obras repoñeranse as marcas viais e volveranse pintar os
pasos de peóns e outros símbolos.