martes. 06.05.2025
El tiempo

A gran familia da Coral Xan Mella de Baio cumpliu os seus 10 anos

A gran familia da Coral Xan Mella de Baio cumpliu os seus 10 anos
10 anos da Coral Xan Mella de Baio

Esta é a foto oficial do X aniversario da Coral Xan Mella de Baio. I é que 10 anos son moitos anos, levando a música coral por toda Galicia e o norte da península, cambiando da ópera ao pop máis surfeiro, xantando ceas pantagruélicas, e, sobre todo, formando unha gran familia.

E a gran celebración realizouse a pasada fin de semana na Igrexa Nova de Baio, co gallo do IX Memorial Pepe Valiña. Centos de persoas encheron a Igrexa para ver ás mesmas corais que aló polo 2002, a Coral de Bergantiños (Carballo) e mais a Coral de Ribadeo (Lugo), moito máis refinadas e traballadas que naquel entón.

E como non, ao remate, "pantagruélica" cea no comedor do Colexio Labarta Pose (xentilmente cedido pola súa comunidade educativa) .

Parabéns a toda familia da Coral Xan Mella.

Novas relacionadas

Novas da coral

Fonte

Comentarios