xoves. 01.05.2025
El tiempo

A nova Plataforma de Coristanco solicita información sobre a planta de compostaxe de San Paio

A nova Plataforma de Coristanco solicita información sobre a planta de compostaxe de San Paio
imaxe-da-planta-de-gesmaga-en-san-paio-de-coristanco Imaxe da planta de Gesmaga en Coristanco

A recén creada Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco vén de acordar demandar información ao Concello sobre a planta de compostaxe de lodos e planta de valorización de residuos industriais situada no lugar de A Furoca, parroquia de San Paio (Concello de Coristanco) promovida pola empresa Gestión Maracaná SL (GESMAGA) e que ten licenza provisional concedida polo anterior goberno do PP.<(p>

A plataforma quere saber o posicionamento do Concello a este respecto, polo que presentará solicitude de reunión urxente do Concello co Plataforma, ao tempo que denuncia “o interese pola ocultación da información a este respecto por parte do anterior goberno do Partido Popular e a Mercantil Promotora”.

Ademais, vén de presentar denuncias diante do Concello, Xunta de Galicia polos ruidos, cheiros e vibracións que provocan camións de gran tonelaxe no acceso á planta GESMAGA de A Furoca.

Do mesmo xeito un dos portavoces da Plataforma informa de que se presentarán alegacións tanto individuais como por parte de colectivos, no momento procedimental oportuno.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios