A Pipa: O Entroido deixou goles e a caída da Esteirana á zona de descenso directo

13:02 01/03/17

En Primeira, triunfos de Dumbría e Outes
Co triunfo ante o Silleda pecha a minicrise de resultados que levou aos pupilos de Julián a ceder seis puntos sobre o segundo posto, que segue ocupando o Agolada. Un gol en cada tempo deixa os tres puntos no Conco e mantén aos locais como líderes, con dous puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado. Non quere perder a ilusión da permanencia o Outes, e superou no derbi ao Fisterra por 2-1, resultado que lles deixa a dous puntos de saír do descenso directo, aínda que os arrastres, nestes momentos dous, téñenlles a sete puntos da salvación. En Zas, Sporting e Val do Ulla repartíronse os puntos nun encontro con moi poucas oportunidades de gol e onde os pupilos de Pablo Mallón adiantáronse na primeira metade e viron como o Ulla empataba nun penalti moi protestado. Pese a todo, os sportinguistas manteñen a súa vantaxe sobre o posto de primeiro arrastre, que ocupa precisamente o seu rival do domingo, Para a próxima xornada, complicados desprazamentos para Zas, Outes e Dumbría, que visitan os campos de Cordeiro, Val do Ulla e Poboa, respectivamente, sendo crucial o choque do Outes en Ulla, mentres que o Fisterra é o favorito para superar ao colista, Villestro, en Ara Solís.O soño xa é unha realidade en Preferente
O soño do Xallas xa deixa de ser soño e transfórmase nunha realidade, con esa pugna por chegar aos postos de promoción de ascenso a Terceira División, aínda que tamén é certo que nin Paiosaco, nin Laracha nin Polvorín ceden na súa loita polo mesmo obxectivo. Os homes de Iván Cancela deron boa conta do colista, Sporting Sada, ao que endosaron un set en xornada sabatina, deixando clara a diferenza entre un e outro conxunto. En Sofán, dous zarpazos do Polvorín supuxeron a derrota do once de Josito Fuentes ante o filial do Lugo, que ocupa a cuarta praza da clasificación xeral, aínda que cos mesmos puntos que Xallas e Laracha, e co Sofán na novena posición, coa permanencia virtualmente asegurada. Por abaixo, o Soneira non puido puntuar en Escairón, onde perdeu por 3-1, e mantense na zona de descenso directo e, vendo os arrastres de Terceira, ten cada vez máis complicada a súa permanencia en Preferente, pois xa son nove os puntos que lle separan do equipo que mantería a categoría sen os arrates. Na próxima xornada, o Xallas renderá visita ao segundo clasificado, Estudiantil, e a vitoria é necesaria para seguir nesa loita pola promoción. O Sofán visitará a un irregular Lemos e que necesita imperiosamente un triunfo para saír dos postos de evidente perigo, mentres que o Soneira, no Municipal, terá un encontro de alerta máxima ante o líder Noia, coas urxencias de ter que sumar para manterse con vida.En Terceira, sorpresa do Camelle
En Terceira, o Muxía cada vez ve máis preto o ascenso, pois os seus rivais fallan máis do previsto, mentres que os líderes suman de tres en tres. Nesta xornada golearon ao Outes B en Arliña. Sorpresa en Cee, onde o Ameixenda vía como o colista, Camelle, rozou a vitoria, cedendo un empate que lle afasta do ascenso directo, aínda que a promoción tena asegurada. O Lira ameaza a segunda praza, vencendo a un Nantón que perde moitas opcións de ter factor campo a favor na promoción, mentres que o Volantes escápase na loita polo quinto posto, tras vencer ao Seaia, que queda fóra de toda pelexa, mentres que o Cabana quere seguir tendo opcións e derrotou, con superioridade inesperada, ao Castrelo en Vimianzo e déixalle a catro puntos do Volantes. Na próxima xornada, un bo duelo en Nantón, onde xoga o Ameixenda, mentres que o Lira rende visita ao Seaia en Malpica. Castrelo e Cabana non poden fallar en Camelle e Outes, respectivamente, si queren seguir optando á promoción, e esperan que o Volantes non puntúe no seu desprazamento a Muxía, para render visita ao líder.- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.

A Pipa de Corredoira
- X.23: A vida segue igual.
- X.23: O Corme aguanta o tirón dos perseguidores.
- X.21: Baio, San Lorenzo e Ponteceso recortan en dous puntos a vantaxe do líder, Corme.
- X.20: Golpe de man.
- X.19: Xornada de sorpresas, relativas.
- X.18: Soñando co máis alto.
- X.17: Espéranos unha segunda volta apaixoante.
- X.16: A última xornada do ano trouxo o liderato para un Corme que aproveitou o pinchazo do Baio.
- X.15: Non fallaron os catro primeiros clasificados; o derbi Cerqueda-Malpica, para os visitantes.
- X.14: Mazaricos e San Lorenzo mostran as súas credenciais para acosar aos líderes.
- X.13: Tralo primeiro gran duelo, “a vida segue igual”.
- X.12: Lilo substitúe a Adrián Lema no Laxe; Alfredo Cambeiro chega ao Outes.
- X.11: Igualdade polo título e polo descenso, tras unha xornada marcada por unha suspensión.
- X.10: Amplíanse as distancias entre os líderes e os seus inmediatos perseguidores na Liga da Costa.
- X.9: Corme e Baio quédanse sos á fronte da clasificación na Costa.
- X.8: Corme e Baio seguen pelexando polo liderado.
- X.7: O Corme recupera a primeira praza da clasificación ao perder o Baio en Camariñas.
- X.6: O Baio aúpase ao liderado no seu partido 800 partidos na Liga da Costa.
- X. 5: Ponteceso e Baíñas, en sorprendente caída tras un comezo prometedor.
- X.4: O Laxe suma o seu primeiro punto e frea a marcha do Castriz.
- X.3: Un sorprendente Castriz aúpase ao liderado na Costa.
- X.2: O Corme, con paso firme.
- X.1: Arrincou a Liga da Costa co Corme como primeiro líder.
Fonte
- Manuel Corredoira (info@quepasanacosta.com).