Luns. 06.05.2024
El tiempo

A Slow Food internacional proba o Vimianzo Gastronómico

A Slow Food internacional proba o Vimianzo Gastronómico
Slow Food Galicia

En marcha están as Xornadas Gastronómicas Gastronómicas, e hai expertos que non as queren perder. Falamos da Slow Food Galicia, esa entidade con corazón costeiro que cada ano arrinca a tempada dende a capital soneirá.

Así o I Encontro Slow Food Galicia será especial gracias á visita dos representantes de Slow Food Internacional. Un xeito de exportar o mellor da nosa mesa e darlle un impulso o Convivium galego e, de paso, aproveitar a celebración en Vimianzo da Primaveira Gastronómica.

A xornada do sábado 27 arrincará ás 11:30h co Encontro Slow Food Galicia na Casa de Cultura de Vimianzo. E despois de falar, toca “Xantar de vagar”, e o escollido é o Menú da Primaveira Gastronómica do Restaurante Pastoriza.

Pola tarde haberá visita ao Castelo para coñecer o traballo das artesáns do liño e as palilleiras e outra Visita aos Secadoiros de congro de Muxía.

Aínda podes inscribite mediante Whatsaap, SMS, ou chamada ao teléfono 607794818. Data límite inscripción: Xoves, 25 de Xuño.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Slow Food Galicia.

Comentarios