xoves. 01.05.2025
El tiempo

Aberto o prazo para anotarse no programa "Deseñando o teu futuro na Costa da Morte"

Aberto o prazo para anotarse no programa "Deseñando o teu futuro na Costa da Morte"
Xa está en marcha a terceira edición do programa "Deseñando o teu futuro na Costa da Morte" posto en marcha polos concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxía en Vimianzo a través dunha subvención da consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O prazo de inscrición no programa, que está dirixido a mozos e mozas de 14 a 17 anos dos concellos participantes, está aberto até o vindeiro 26 de agosto. Ata 15 persoas poderan realizar as actividades previstas para a primeira quincena de setembro de 2017. Recibirán 36€ en concepto de beca si completan tódo o programa que se compón de estadías- prácticas en empresas colaboradoras (de 6 días e 5:30 horas cada día);  unha visita guiada a empresas innovadoras e significativas da Costa da Morte e formación sociolaboral de orientación e apoio á inserción e eleccións laborais. O principal obxectivo deste programa é aproximar a realidade socio-laboral e empresarial dos concellos a estes mozos e mozas facilitando unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional e faiga máis doada a transición entre escola e traballo. As persoas interesadas poden contactar coas axencias de desenvolvemento local dos concellos participantes, a través da web https://onosofuturo.wordpress.com ou no mail onosofuturo@camarinas.net.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
 

Comentarios