Arranxados cinco camiños a explotacións agrarias en Zas cun investimento de 94.000 euros
13:00 10/07/17
O Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias da consellería de Medio Rural financiou con 94.000 euros o arranxo e mellora de cinco pistas e camiños de titularidade municipal no concello de Zas.
As vías arranxadas están situadas nos lugares de san Cremenzo; Menaos; camiño de Meanos a Rus; Rial de Arriba; de Rial de Abaixo a Atalaia. En total, estas obras melloraron 7.000 metros lineais de pistas e camiños.
O Plan Marco deixou na provincia da Coruña máis de 6,2 millóns de euros e inxectou á administración local unha axuda, cofinanciada nun 75% con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, para a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha explotación agraria.
Os criterios para o reparto foron acordados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Consellería Medio Rural