mércores. 25.02.2026
El tiempo

Preocupación ante a opacidade do proxecto da Central Hidroeléctrica Reversible de Montemaior

Miradoiro de Sta. Marta na laracha-Montemaior
Vistas da parroquia de Montemaior dende o iradoiro de Sta. Marta
Preocupación ante a opacidade do proxecto da Central Hidroeléctrica Reversible de Montemaior

Hai preocupación na veciñanza de Montemaior (na Laracha), ante a construción da central hidroeléctrica reversible CHR Montemaior. Así o trasladaron xa tanto o BNG como o PSOE da Laracha tralas queixas da veciñanza, algo orfa de información. De feito, houbo unha reunión hai xa tres semanas semanas cos grupos municipais, pero aínda non lles remitiron información nin do proxecto nin dos lugares máis afectados, igual que a QPC, que levamos un mes semanas esperando por estas principais dúbidas.

Para intentar solventar estas dúbidas, e tendo en conta que a empresa vai ter unha reunión cos partidos políticos a vindeira semana, falamos con Víctor de Huerta, director de desenvolvemento de Waqbaw, empresa do grupo Genera, para debullar como é esta instalación, que supón un investimento de 120 millóns de euros, conta cunhas axudas de 40 millóns da UE a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica, e que xerará 35-40 empregos fixos.

Ubicada na súa meirande parte na parroquia larachesa de Montemaior, tamén ten unha parte situada no Concello de Cerceda. Como no proxecto proposto para a Ruña (Mazaricos), proponse a construción dúas balsas de auga, que quedarán como lagos, formando “un circuito cerrado que almacena enerxía. Cando hai enerxía sobrante compramos a baixo prezo para bombear e encher as balsas; e cando fai falta soltamos para evitar colapsos del mercado eléctrico”.

Almacenamento ou especulación?

Dende a firma aseguran que o proxecto funcionará como “unha batería de auga”. “É un tema de almacenamento enerxético, para poder seguir xerando enerxía renovable cando o mercado necesita enerxía, para que non haia tanta volatibilidade”. Explícase: “Sopla o vento e xeramos moita enerxía renovable, pero cando non sopla é necesario manter a curva que asegura que temos unha porcentaxe determinada de enerxía renovable. Con estes proxectos de almacenamento evitamos que a curva flutúe, aporta firmeza ao sistema”.

Con todo, recoñece que “si hai negocio. É un investimento moi importante e necesitamos ter ese beneficio de soltar a enerxía cando estea máis cara”, se ben “todo vai estar controlado por Red Eléctrica, que son los que ditaminne cando se solta”.

Impactos

Aseguran que non vai existir impacto visual porque as balsas (dunhas 4-5 hectáreas cada unha) van quedar na superficie coma se fosen lagos, quedando soterrados os circuitos.

Sobre como se enchen as balsas, explican que “non van afectar a ningunha masa de auga natural”. Explican que hai varios métodos “dende o encoro máis cercano, opcións de pozos existentes, ou depósitos”), pero que están en conversacións como Augas de Galicia, que serán a que o determine, para buscar a mellor solución.

Inciden que a intención da empresa é ter un impacto social na comarca, e xa teñen asinado contratos con máis de 40 empresas da Coruña para a realización das obras, o mantemento, axestión… así como teñen a intención de asinar un convenio co concello para desenvolver proxectos sociais.

Prazos

O proxecto, que a Xunta quere declarar como Interese Estrátexico para axiliar os prazos, está en proceso de tramitación. O prazo de alegacións seguramente será ao longo deste 2026, para intentar ter todo aprobado en 2029, e poder desenvolver durante 2 anos, as obras de execución.

Máis novas

Comentarios