1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía non ten piedade
Goleada muxiá en Arliña ante unha Esteirana de mínimos para manterse na súa loita polo título de Liga unha vez que o ascenso está practicamente sentenciado, con 10 puntos de vantaxe sobre o filial do Bergan.
Un cadro carballés que recibía a un Corme que rescataba un puntiño que lle serve para seguir liderando o terceiro vagón, no que tamén están o Cee (que sufríu a visita dun Milagrosa á alza) e Cee, que conseguiu vencer a un dos de abaixo.
1ª Div. Fem., xornada 19
Xallas - Sárdoma B (0-0)
- Xallas: Rosío, Landi, Graci, Ainhoa, Dani, Sara, Noe Vimi, Paula Barcía, Mery, Espasandín e Olalla. Tamén: Silvia, Soraya, Claudia Facal, Valeria e Gasco.

Arrincaba o choque coa fermosa estampa do equipo cunha camiseta adicada a Andrea Otero, xogadora do cadro xalleiro que vén de sufrir unha dura lesión.
Sobre un día soleado, o cadro de Eloy dominou o choque, avisando dende o minuto un con chegada de Oli e Espasandin, oportunidades con tiro fortísimo de Noe pegado ao pao detido pola porteira rival avisaban que tiñamos un duro obstáculo para poder facer gol. En ocasións o Sárdoma pillaba ás costeiras por velocidade e conseguían mesmo meter o medo no corpo tendo que aparecer Rosío en dúas ocasións.
Na segunda aumentarian as ocasións locais as cales, confirmando á meta visitante como a mellor sobre o céspede de Fontenla. Oli, Facal, Graciela, Valeria terían varias ocasións para adiantarse no marcador e Espasandin nunha boísima xogada na que sacan o balón case debaixo dos paus logo de tumbar á porteira puideron manter os 3 puntos. Ao final, un punto contra o pechacancelas que lle serve para ampliar a renda co descenso ata os 8 puntos.
2ª Div. Fem., Gr.1, xornada 21
Muxía - Esteirana (9-2)
- Muxía: Sheila, Ana Toba, Raquel, María Rod., Nerea Barrientos, Piroja, Elsy, Laura Doce, Paula Rey, Barca e Eva Lema. Tamén: Nerea Pazos, Irene Alcaina, Andrea Insua e Eva Lago.
- Esteirana: Alicia Vega, Sara, Sandra Dosil, Tobío, Marta Piñeiro, Lara, Lidia, Nuria, Melania, Bárbara e Rut. Tamén: Nerea e Alba.
- Goles: 1-0, m.10: Barca; 2-0, m.12: Eva Lema; 2-1, m.21: Rut; 2-2, m.32: Rut; 3-2, m.49: Eva Lema; 4-2 m.52: Eva Lema; 5-2, m.63: Barca; 6-2, m.65: Eva Lema; 7-2, m.81: Eva Lema; 8-2, m.83: Eva Lema; 9-2, m.89: Barca.
Tardou en romperse o derbi ata o comezo da segunda metade, porque na primeira foi un choque igualado. As blaugranas chegaban moi xustas de efectivas e aguantaron ben os dous golpes iniciais de Barca e Eva Lema. Rut conseguía empatar o partido en dúas chegadas para ir aos vestiarios.
Pero na segunda, despois dun intento de Rut, chegou o furacán de Eva Lema. Dous goles consecutivos da dianteira corviña, o primeiro con algo de fortuna tras un erro das visitantes, romperton o partido e o ciclón vermello foi imposible de controlar por unhas esteirás entregadas.
Nicrariense - Cee (1-2)
- Cee: Noemí, Lurs, Cris, Ramos, Luchi, Aroa, Laura, Paula Veiga, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Martínez. Tamén: Nayara Casais, Thalía e Sabela.
- Goles: 0-1, m.22: Luchi; 1-1, m.62: Almu; 1-2, m.87: Paula Veiga de córner directo.
Foroun superiores en todo momento as de Rafa, levando sempre o domingo e máis perigo. Luchi Caamaño abría o marcador o pouco e Martínez puido ampliar a vantaxe antes do descanso, tempo no que as ceenses se relaxaron e baixaron o ritmo.
Na segunda, as costeiras dominaban o balon pero non causaban perigo e nunha contra o Nicrariense empataba causando as presas. O equipo, consciente da súa superioridade envorcouse convertindo á porteira local Lidia na gran protagonista do partido, ata que a piques de chegar ao final, aparecía a calidade de Paula Veiga para darlle a vitoria as súas cun fanrástico gol olímpico.
Bergan B - Corme (2-2)

- Corme: Lucía Dourado, Lucía, Candela, Saskia, Laura Vidal, Aroa, Cladua, Natalia, Zeltia, Cris e Carla. Tamén: Salomé.
- Goles: 0-1, m.6: Claudia; 1-1, m.50: Julia; 2-1, m.80: Carmen de penalti; 2-2, m.93: Claudia.
Casualidades da vida, volvían por segundo ano consecutivo as cormelás ás Eiroas un domingo post Mikaela, e por si fose pouca coincidencia, o partido resolveriase tamen no min 49 como o ano pasado, pero ésta vez a favor das cormelás, rescatando un punto na última xogada do partido.
A primeira metade as visitantes foron quen de defender as armas do filial bergantiñán e facer dano cunha espectacular Claudia, que se vaciou ofrecendo exactamente o que necesita o equipo de Rubén: desequilibrio e goles.
Co 0-1 pero tendo algunha ocasión máis para poder matar o partido, as carballesas melloraron na segunda, cunha marcha máis, xerando máis perigo e empatando por medio de Julia. De penalti e a só 10 do final despois dunha segunda metade de superioridade, as locais se metían por diante, pero cando todo parecía xa resolto, unha expulsión da porteira Paola volveria a meter ás costeiras no partido, e na última xogada do encontro, un balón longo collía á defensa descolocada e Claudia bateu no man a man contra Julia (que se tivo que poñer baixo paus) para acadar o empate final.
Dumbría - Milagrosa (0-6)

- Dumbría: Liss, Ana, Mariña, Carla Recarey, Lara Villar, Sabela, Yoli, María, Carla Lago, Yaiza e Paula Fandiño. Tamén: Alicia, Ximena, Carla Pérez e Lara Arias.
- Goles: 0-1, m.8: Irene; 0-2, m.13: Irene; 0-3, m.14: Gabriela; 0-4, m.49: Irene; 0-5, m.60: Irene; 0-6, m.74: Gabriela.
O Milagrosa fui unha apisonadora de principio a fin no Conco, ante un Dumbría que en ningún momento foi capaz de estar conectadas nin metidas no partido, contra un rival moi ben plantado coas ideas moi claras, que acadou unha nova vitoria e que apunta a cotas altas.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.13: O Soneira acouga ao Outes.
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.20: Puntos de aniversario.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.


