Arte e solidariedade combináronse no Vimianzo Solidario


Impecable saíu o proxecto Vimianzo Solidario. Os responsables da Escola Municipal de Arte celebraban este pasado venres a gala final na Sala de Exposicións Antón Mouzo, para dar conta do resultado da poxa benéfica dos cadros realizados polos alumnos da mesma, coa intención de doar o colleitado a Cáritas Vimianzo, para axudar as familias necesitadas da zona. E tamén para dar a coñecer o traballo que se realiza nesta Escola de Arte, máis alá da tradicional exposición que se realiza no final de curso. As dúas finalidades desta iniciativa foron amplamente cumpridas.
O día 20 de marzo abría o período de poxa con 22 cadros doados, desinteresadamente, polo alumnado da Escola. E a través da plataformawww.vimianzosolidario.es se realizou a poxa online que serviu para vendelos, e non só a familiares, se non que houbo cadros que recibiron poxas de Ponferrada, Bilbao ou Madrid, cidade esta a onde irán destinados dous dos cadros de dúas artistas vimiancesas, chegando un deles a ser vendido polo valor de 350€.
Finalmente, dez dos 22 cadros tiñan un adxudicatario e a cantidade que se conseguira para doara Cáritas ascendía a 936€.
A propia mestra da Escola de Arte, Puri Lema, xunto co Alcalde, facían entrega aos representantes de Cáritas Vimianzo, dun cheque simbólico por valor de 936€, cantidade total resultante da poxa benéfica.
Máis información
Novas relaciondas
- Unha Poxa Benéfica cambiará cadros por alimentos en Vimianzo.
- 138 familias reciben as axudas do Concello de Vimianzo.
- Todo Vimianzo fai balance do seu Nadal máis Solidario.