sábado. 03.05.2025
El tiempo

138 familias reciben as axudas do Concello de Vimianzo

138 familias reciben as axudas do Concello de Vimianzo

Informa o concello de Vimianzo de que acaba de pagar 17175,€ en axudas para o fomento da natalidade e para gastos nos que incorren os escolares do ensino obrigatorio matriculados en centros públicos.
Así, foron 11 as familias que reciben 100,€ polo nacemento dun fillo ou filla, adopción ou acollemento ata o 1 de setembro de 2013. Mentres que no caso das axudas escolares foron un total de 189 nenos e nenas de 127 familias de Vimianzo, as que reciben un total de 16075,€ o que dá unha media de 126,€ por familia.

O goberno municipal, grazas ao esforzo aforrador na Área de Benestar, "conseguiu atender todas as solicitudes que tiñan dereito a acceder a esta axuda escolar, é dicir nas familias onde a renda distribuída entre cada un dos membros da unidade familiar é menor de 6390,13€".

Lamenta o alcalde que "as axudas se fixeran co voto en contra da oposición municipal no Pleno da Corporación". E aproveitou para denunciar que varios dos membros da oposición pediran as axudas, "Non é entendible votar en contra das axudas das que despois se benefician ou pretenden beneficiarse".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios