Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Todo Vimianzo fai balance do seu Nadal máis Solidario

Todo Vimianzo fai balance do seu Nadal máis Solidario

Hai poucos días que Nelson Mandela nos abandonaba. El díca que "todo parece imposible ata que se fai". Así tiran de fe os artífices da espectacular campaña que vén de facer posible absolutamente todo, todo o pobo de Vimianzo.

I é que sen lugar a dúbidas, Vimianzo foi un dos concellos da bisbarra que máis se volcou ca solidariedade. Xa estivemos no ateigado Festival Benéfico, e hoxe, xa en Reis, facemos balance do resultado desa fantástica Plataforma Solidaria creada polas asociacións vimiancesas, ademais de visitar ás 90 familias ás que a Cruz Vermella botou unha man nestes tempos de dificultade.

Balance da Plataforma Solidaria de Vimianzo

Membros da Plataforma Solidaria de Vimianzo

Durante estas semanas, a Plataforma Solidaria de Vimianzo desenvolveu unha intensa labor enfocada á recollida de alimentos e á organización do Festival Benéfico. O resultado, segundo as palabras do presidente de Cáritas, Manolo González, "vén a tapar moitas faltas e danos un gran desafogo para o desenvolvemento dos proxectos que temos entre mans". Segundo as persoas que están en Cáritas, nestes anos vese a cara máis dura desta crise a través dos usuarios. Mesmo familias que teñen algún ingreso están na pobreza e calquera axuda, por ben pequena que sexa, alivia a súa situación.

Os resultados falan por si sós, con 4.252,32 euros, recaudados en rifas, entradas e donativos; 150 agasallos que se sortearon e máis de 500 kg de alimentos para as familias máis necesitadas.
Precisamente, todos eses alimentos foron recollidos nos tres centros educativos de Vimianzo, nas igrexas de Cereixo, Carnés, Carantoña e Baíñas, en empresas e en particulares. Un exemplo de participación en global.

Algun dos alimentos recollidos na Campana Solidaria de Vimianzo

Cruz Vermella Vimianzo entrega juguetes a máis de 90 nenos

A Cruz Vermella no Xeriatrico de Vimianzo

Máis de 90 nenos e nenas de Vimianzo, Camariñas e Cee recibirán estes Nadais os seus agasallos grazas á solidariedade de moitas persoas que participaron na campaña de recolleita de juguetes posta en marcha pola Institución.

Voluntariado de Cruz Vermella Vimianzo realiza desde mediados de novembro o traballo de selección, reparación e clasificación por idades dos juguetes. Unha tarefa que ten o seu reflexo no sorriso dos máis pequenos, cando en Reis reciben un libro, un triciclo, un puzzle, unha boneca, etc. Juguetes educativos, non bélicos e non sexistas que contribúen a desenvolver a personalidade do neno/a, xa que teñen un papel importante na súa socialización e na formación dos conceptos, aptitudes, e expectativas.

O pasado xoves 4 de xaneiro concluíu a tarefa de clasificación e empaquetado dos juguetes por parte dos voluntarios e voluntarias da entidade e realizouse o reparto o venres, para que os juguetes estivesen a tempo baixo a árbore.

Debido á gran acolleita da campaña, coa recolleita de máis de 200 juguetes, non só se repartiron juguetes entre os nenos e nenas de Vimianzo, senón que tamén puideron dar atención aos Concellos de Camariñas e Cee.

Ademais, Cruz Vermella Vimianzo contou nesta recolleita de juguetes coa colaboración da residencia de maiores GERIATROS, Correos e de máis dunha decena de comercios de Vimianzo como A tenda de Má, Perfumería Pouse, Farmacia Durán, Desconto Tolo, Juguetería Enredos, Deportes MD Carril...

Os juguetes entréganse fundamentalmente a familias coas que Cruz Vermella traballa desde os seus distintos proxectos, os nenos e nenas que participan nas actividades de Cruz Vermella Mocidade, como o reforzo escolar, e familias que estes días achéganse por primeira vez a Cruz Vermella para solicitar axuda.

Hixiene e alimentos

Outra das intervencións fundamentais que levou a cabo a Cruz Vermella Vimianzo durante o mes de decembro foi a organización dunha recolleita de alimentos en varios supermercados da comarca e a distribución de vales por valor de 20€ para canxear por produtos de hixiene nos supermercados Eroski Center.Hanse recaudado máis de 900 quilos de alimentos grazas ás donaciones da xente en os puntos de recolleita e serán repartidos entre as familias máis necesitadas ao longo da próxima semana.

Xoguetes e alimentos recollidos pola Cruz Vermella en Vimianzo

Novas solidarias

Fonte

Comentarios