60 establecimientos hostaleiros forman parte da rede #QuedamosEnGalicia2022
Visitaba onte o delegado da Xunta na provincia Gonzalo Trenor o Complexo de turismo rural Casa Lugar de Trasande, Laracha, como un dos establecementos adheridos ao programa do bono turístico #QuedamosEnGalicia2022. Trenor quixo valorar a excelente acollida que tivo este Bono durante Semana Santa, sinalando que xa son 60 establecimientos da comarca adheridos a este programa.
Acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel Varela, destacou a necesidade de manter vivas iniciativas como estas, que cumple a súa terceira edición, a primeira en clave post-pandémia.
A Xunta espera que o “Xacobeo peche 2022 con cifras históricas”, dando conta das boas cifras de Semana Santa, mellorando os datos de 2019, como indica o número compostelanas expendidas no mesmo período de antes da pandemia, 56.000.