Venres. 29.03.2024
El tiempo

O 100% do territorio do Concello da Laracha disporá de cobertura para a conexión a internet por fibra óptica

A Laracha-Despregamento fibra óptica
O 100% do territorio do Concello da Laracha disporá de cobertura para a conexión a internet por fibra óptica

Grandes novas para as infraestruturas do Concello da Laracha. Así o confirmaron dende Comfica, a empresa contratada por Teléfonica para executar as obras de despregamento da rede de banda longa, que aseguraron que a rede chegará a todos os recantos do termo municipal. O Concello mostra a súa satisfacción polo froito das xestións municipais realizadas para o despregamento da rede de banda larga de internet.

As primeiras actuacións realizaranse a partir deste venres entre o núcleo da Xesteira e a parroquia de Lemaio, afectando as obras a un tramo soterrado de canalización situado na glorieta dun extremo do parque empresarial.
O segundo punto de intervención será entre Estramil e A Barreira (parroquia de Torás), grazas ao que se dará servizo ás zonas de Estramil de Abaixo e A Braña. O Concello permitirá a Telefónica empregar a canalización soterrada xa dispoñible para os diferentes servizos municipais.

As seguintes obras programadas localízanse desde O Peón (parroquia de Lestón) ata Os Muíños (Coiro), e outra desde o núcleo urbano de Paiosaco,  xunto ao campo da feira, ata A Cachada (parroquia de Lestón).

Ademais, durante os próximos meses tamén se executarán outras actuacións puntuais de menor entidade en varias localizacións nas que así se requira para completar a cobertura na totalidade do territorio municipal.

Comentarios