venres. 03.04.2026
El tiempo

O alumnado do CEIP de Caión volve meterse na final do concurso provincial Quero Cantar

Grupo do CEIP de Caion finalista no Quero Cntar Infantil-1-O-mar-dos-sentimentos
Grupo do CEIP de Caion finalista no Quero Cantar In
O alumnado do CEIP de Caión volve meterse na final do concurso provincial Quero Cantar
Xa ten finalistas a IX edición do concurso ‘Quero Cantar’ 2026. E A Laracha volve estar presente. Como xa aconteceu en 2024, cando gañou Daniela Montes; ou en 2020, que gañou un grupo do CEIP de Caión, desta volta o cole caionés volve meter un grupo na final. Trátase do tema "O Mar dos Sentimento", que competir´á na modalidade Infantil co "Tentáculo Rock", de Ames e "Libres", do CEIP Irmáns Villar (Ourense). 

 

Co alento do músico e docente Jose Carballido, a escola demostrou ser unha vizosa canteira para o certame e ata case medio cento de nenos e nenas participaron no casting previo do colexio para integrar o grupo, que finalmente conta com once integrantes. O tema que representarán será "Nada pode pararme", composta especialmente para o proxecto de educación emocional que desenvolve o centro educativo e na súa mensaxe, “quere animar ao alumnado a reflexionar sobre as emocións, a confianza nun mesmo e a importancia de non renderse ante as dificultades”. 

A gran final, no Colón

Logo de que o xurado profesional fixese a selección sobre as gravacións recibidas, as formación escollidas terán en breve a oportunidade de amosar o seu bo facer no escenario, defendendo as súas pezas en directo na gala final que, como cada ano, acolle o Teatro Colón da Coruña. Nesta ocasión, a cita será o domingo 12 de abril, ás 18:00 horas e con entrada de balde (previa retirada de convite na web do Teatro Colón (a través da plataforma www.ataquilla.com).

A gala estará presentada pola actriz e contadora Soledad Felloza e, alén das actuacións dos grupos que chegan á final, contará tamén sobre o escenario co dúo gañador na categoría xuvenil do Quero Cantar na anterior edición, Emma & Candela. 

Máis novas


 

Comentarios