Xoves. 30.05.2024
El tiempo

A larachesa Daniela Montes, gañadora do certame Quero Cantar

A cantante larachesa Daniela Montes no Quero Cantar
A cantante larachesa Daniela Montes no Quero Cantar
A larachesa Daniela Montes, gañadora do certame Quero Cantar

Daniela Montes foi a sétima edición do concurso de música xuvenil Quero Cantar. A larachesa, emocionadísima, é un dos descubrimentos musicais do ano gracias a este singular certame que celebrou a súa finalísima nun ateigado Teatro Colón da Coruña. O xurado que, lembramos, nesta gala final estivo integrado por nenos e nenas e por mozos e mozas con formación musical e do mesmo abano de idade que as bandas e solistas seleccionadas para a final.

Se na categoría infantil gañou, HUSH é un grupo de seis nenas e nenos que estudan na escola ‘Entre Caixas’, de Calo, Teo; na categoría xuvenil a nosa bergantiñá emocionou a todo o teatro coa súa voz e piano, coa súa canción de desamor titulada “Non todo era malo”. 

O premio

Agora, como premio, recibirá:

  • Gravación da maqueta en estudio profesional.
  • Participación no programa formativo do Quero Cantar
  • Gravación dun videoclip, ben da canción presentada ao concurso, ben da creada no programa formativo.
  • Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500,00 €.

E ademais, gozará do Programa formativo Quero Cantar 2024 que forma parte do premio:

  • Titorización por parte dun ou dunha artista de recoñecida traxectoria na música galega para o desenvolvemento dunha canción. 
  • Período de convivencia nun espazo determinado pola Deputación para formación e desenvolvemento da canción. 
  • Asistencia a estudio profesional para a gravación do tema e obradoiro complementario sobre sonorización. 
  • Obradoiro “Kit de supervivencia para iniciarse no mundo da música”

Máis novas

Comentarios