Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aprobado o POS+ en Laracha, onde a Xunta fará un cribado masivo

Pleno celebrado este venres na Laracha
Aprobado o POS+ en Laracha, onde a Xunta fará un cribado masivo

No pleno do pasado venres saíu aprobada, por unanimidade, a proposta de gasto do POS+ da Deputación.

O goberno municipal deu conta ademais de esta vindeira semana a Xunta realizará un cibrado masivo na Laracha, trala solicitude por parte do Concello.

Nos próximos días comunicarase a data concreta, o lugar no que se tomarán as mostras e a franxa de idade da poboación que será sometida ás probas. O Concello realizou desinfeccións en varios centros de ensino, onde se rexistraran casos, como no CEIPs Otero Pedrayo e Alfredo Brañas, así como na escola infantil A Galiña Azul da Laracha e no consultorio médico de Caión.

Inventario de bens municipal

O Centro Comunitario “Costa da Morte” de Caión incorporouse ao inventario municipal de bens coa única abstención do grupo municipal nacionalista.

Orzamento municipal

A Corporación desestimou –coa única abstención do grupo socialista- a alegación aos orzamentos municipais presentada pola Unión Sindical Obrera na que se solicitaba a consolidación de determinadas prazas de emprego. López Varela afirmou que dita alegación “non está fundamentada e non ten encaixe dentro da cuestión económica dos orzamentos”. Así mesmo, lembrou que actualmente están en proceso de consolidación cinco prazas de emprego coas probas correspondentes xa fixadas para o mes de marzo.

Moción

Por último, salientar que foi aprobada por iniciativa do grupo do Partido Popular unha moción para instar ao Goberno de España a rebaixar o prezo da tarifa eléctrica.

Comentarios