Mércores. 03.03.2021
El tiempo

Laracha empregará o POS+ para mellorar a rede viaria, gasto corrente e o SAF

O POS mellorara os viais de Montemaior
O POS servirá para mellorar os viais de varios lugares da parroquia de Montemaior
Laracha empregará o POS+ para mellorar a rede viaria, gasto corrente e o SAF

Son máis de 13 millóns os que POS+ 2021 da Deputación deixará na Costa da Morte. Deles, case 1 millón son para A Laracha. E o goberno local vén de facer a proposta deses investimentos que se tratarán no pleno deste venres, despois da súa análise na Comisión Informativa do martes.

Os 867.046,71 euros dividiranse en tres achegas con diferentes finalidades: 329.535,06 euros (máis a aportación económica municipal) destinaranse a obras de investimento en infraestruturas municipais, 334.677,07 serán para gasto corrente e 202.834,58 euros corresponden ao POS+ Adicional para o financiamento de gastos sociais extraordinarios derivados da pandemia.

Investimentos para pavimentación

Os proxectos céntranse na mellora da rede viaria municipal en:

• Parroquia de Soandres: O Priorato, A Abeleira, Boimir, Insuaboa, Currelos de Abaixo, Condesuso, Condes, As Táboas e Ponte da Veiga.
• Parroquia de Montemaior: O Batalo, Bardenlos, A Ferreira, Casas Longas, O Lorteiro e Pazos.
• Parroquia de Cabovilaño: Cardois.
• Parroquia de Caión: Goxán.
• Parroquia de Coiro: A Painceira.
• Parroquia de Lendo: O Campo da Porta.
• Parroquia de Vilaño: Vilanova

Ademais, o Plan complementario, que ten natureza de reserva e a súa finalidade é poder investir os créditos procedentes no caso de que a Deputación da Coruña acordase unha maior achega para o POS+ ao longo do exercicio 2021, tamén quedaría definido. Ten un orzamento total de 375.751,32 euros e inclúe actuacións nas parroquias de Vilaño (Ribela, Marfulo e A Piña), Lemaio (A Estrada, Tuixe de Arriba e Tuixe de Abaixo), Torás (A Barreira e O Campo), Erboedo (Cendón) e Golmar (Requesende e A Calvela).

POS+ Adicional, tamén para o SAF

Como fará tamén Carballo, Aas catro áreas ás que o goberno local proporá destinar ditos fondos son a ampliación do Servizo de Axuda a Domicilio en todas as súas modalidades, convocatorias de axudas ás familias para sufragar gastos que faciliten a escolarización dos nenos (incluíndo adquisición de material informático e acceso a medios dixitais), fondo do emerxencia social (partidas orzamentarias destinadas a garantir a cobertura das necesidades básicas a colectivos vulnerables) e reforzar o persoal municipal técnico e administrativo adscrito ao departamento de servizos sociais.

Novas relacionadas

comentarios