Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG da Laracha pedirá en pleno a xestión directa do Servizo de Axuda no Fogar

servizo de axuda no fogar
O BNG da Laracha pedirá en pleno a xestión directa do Servizo de Axuda no Fogar

Segue a ser un dos servizos municipais máis problemáticos en toda Galicia. Así se confirma coa xuntanza que técnicos traballadores sociais tiveron esta semana en Vimianzo, para intentar solventar as problemáticas dun servizo tan necesario coma este.

Tamén en Laracha o Servizo de Axuda no Fogar está xerando algunha queixa, polo que dende o BNG van volver a levar o asunto ao pleno do venres 31 ás 13:30h. “Chégannos queixas de usuarios aos que se lles cambian os horarios de atención acordados, continuos cambios de persoal e outras incidencias”, sinala voceiro Xoan Sande, que lembra que actualmente o concello mantén un contrato cunha empresa de xeito temporal mentres non se realiza unha nova licitación.

O BNG, contrario á privatización, considera que o servizo debería ser municipal.

Novas relacionadas

Comentarios