Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Técnicos municipais de Traballo social de toda Galicia analizan en Vimianzo como mellorar o Servizo de Axuda no Fogar

Xuntanza de tecnicos traballadores sociais en Vimianzo
Xuntanza de técnicos traballadores sociais en Vimianzo
Os Técnicos municipais de Traballo social de toda Galicia analizan en Vimianzo como mellorar o Servizo de Axuda no Fogar

Este pasado luns, 20 de xaneiro tivo lugar en Vimianzo unha xuntanza de traballadoras e traballadores sociais chegados de toda Galicia. Os responsables municipais de Dumbría, Cabana de Bergantiños, Laxe, Camariñas. Muxía, Santa Comba, San Sadurniño, Carballo, Mazaricos, Corcubión, Laracha, Tordoia, Val do Dubra, Xermade (Lugo) e, por suposto, a capital soneirá, trataron temas relacionados co desempeño do seu traballo diario nos distintos concellos.

Estiveron ademais presentes Gloria do Porto Piñón, traballadora social do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, e Ana Guillén Vilanova, traballadora social do Complexo Hospitalario Universitario Santiago de Compostela. Estas dúas profesionais fixeron unha exposición Programa de Axuda no Fogar temporal despois de alta hospitalaria, Documento de instruccións previas (DIP), que é, contidos, acceso..

A outra parte da xornada foi adicada a un traballo máis técnico e de posta en común de ideas o propostas para intentar mellorar os aspectos que teñen que ver co seu traballo diario en temas de: modificación da normativa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), na modalidade de libre concorrencia, modelo de normas de funcionamento do SAF, normativa referida ás tarxetas de estacionamento…

De Vimianzo saíron dou equipos de traballo que van a formular e elaborar propostas referidas ao SAF e a regulación das tarxetas de estacionamento nos concellos para contar así cunha normativa o máis actualizada e acorde a realidade actual .
Este grupo de traballo ten previsto volver a reunirse no vindeiro mes de marzo.

Comentarios