Sábado. 27.04.2024
El tiempo

De Bosque Autóctono e Cerdeiras na Laracha

Reforestacion - Down Coruña - Ecofriendly
A familia de Down Coruña reforestaron un bosque da Laracha co proxecto Ecofriendly
De Bosque Autóctono e Cerdeiras na Laracha

Esta semana o Campo da Feira de Paisaco está máis fermosa que nunca. A floración das cerdeiras, plantadas polo Concello en 2017, dalle unha cor especial á zona, lembrando ademais a a celebración gastronómica máis importante do termo municipal que ten lugar no primeiro domingo do verán (neste ano, o 3 de xullo) e que conta coa distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia: a Feira das Cereixas.

As cerdeiras en flor do Campo da Feira de Paisaco

Mentres, noutra zona do Concello, onte chegaron un grupo de integrantes de Ecofriendly 21 para levar a cabo unha plantación de Bosque Atlántico en total sete especies. O programa Ecofriendly 21 é un proxecto promovido por Down Coruña, que pretende mellorar a inserción laboral de persoas con síndrome de Down e Discapacidad Intelectual a través da activación dun itinerario adaptado de inserción.

Así, a actividade consistía en aportar á zona novos exemplares que permitisen recuperar a frondosidad do bosque. Buscábase, ademais que as acodes asistentes aprendesen a técnica e metodoloxía que require a plantación das especies elixidas.
A formación foi impartida pola Fundación para o Fomento do Desenvolvemento e a Integración (FDI), unha ONG cuxo fin social céntrase na integración socio - laboral de persoas con discapacidad e/ou en risco de exclusión a través da educación e o deporte, así como o compromiso co medio ambiente. Tamén participaron voluntarios de Indra. Ademais, como profesionais do equipo de Down Coruña, acudiron Lorena Lemos e Claudia Sánchez, acompañadas por Tania Álvarez, voluntaria da Asociación.

Comentarios