Martes. 07.05.2024
El tiempo

Caión acolle a exposición de Antonio Fernández

Trece luces na nosa costa expo caion
Caión acolle a exposición de Antonio Fernández

Este venres ás 20:00 horas celebrarase no centro sociocomunitario de Caión o acto de inauguración da exposición fotográfica Trece luces na nosa costa, do carballés Antonio Fernández.
A mostra pretende ofrecer unha visión da Costa da Morte diferente á habitual.
Na procura de plasmar os faros tanto como elemento de seguridade para os mariñeiros como de alto valor patrimonial e cultural, o autor emprega unha técnica novidosa coa que capta nunha soa instantánea esa dobre dimensión.

Ademais da presenza dos faros -incluíndo o de Caión- como fío condutor, a exposición tamén conta con outras fermosas imaxes do sol e da lúa aliñados con elementos representantivos da Costa da Morte. Precisamente unha desas fotografías, a da lúa chea sobre o Santuario dos Milagres de Caión, foi a gañadora da primeira edición do concurso A Laracha no obxectivo organizado polo Concello.

A exposición Trece luces na nosa costa poderase visitar no centro sociocomunitario de Caión do 8 ao 31 de maio, de luns a venres en horario de
17:00 a 20:00 horas.

Comentarios