Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A Carreira do Apóstolo a piques de chegar aos 700 atletas

Carreira do Apostolo Laracha 2023
Imaxe da carrera do 2023
A Carreira do Apóstolo a piques de chegar aos 700 atletas

Avanzan a moi bo ritmo as inscricións para participar na sétima edición da Carreira Popular do Apóstolo, que a Asociación Adro de Vilaño organiza no concello larachés, xunto con unha Andaina Saudable e Solidaria en beneficio de Cáritas e a AECC.

O evento será o sábado 13 de xullo en horario de tarde e as inscricións permaneceran abertas ata o mércores 10 de xullo. Os interesados poden facer efectivas as inscricións na web www.carreirasgalegas.com ou ben de forma presencial nas oficinas do Concello da Laracha,
na Piscina Municipal, TEMPO Social training ou en Cultiagro.

Moitos dos corredores máis destacados do Circuíto Provincial xa confirmaron a súa asistencia entre os cales atopamos a Bouchaib Nasr que opta a revalidar o título da anterior edición, Facundo Medard (1º nas Carreiras do Circuíto Coruña Corre de San Pedro de Visma e dos Rosais, e 2º na edición do ano pasado en Vilaño), Esteban Díaz, gañador nas carreiras de San Sadurniño e Valdoviño e 2º en Dumbría e Vimianzo; e Rebeca Mariño (2º nas probas de Santa Comba e frades e 3º en Carballo).

Comentarios