Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A cativada da Laracha xa Aprende o mar a Través do Surfing

Laracha-Aprende a través do surfing
A cativada da Laracha xa Aprende o mar a Través do Surfing

Que necesarias son as iniciativas como o O Mar a Vela ou Aprende a Través do Surfing, que unen o noso mar coas aulas, a través dos deportes náuticos. Porque que o mar non entre nos programas educativos dos nosos centros de ensino é un pouco estrano, e teñen que ser iniciativas coma estas as que o inclúan no proceso educativo.

Así, a nova edición do Aprende a través do Surfing xa está en marcha, por exemplo no Concello da Laracha, que financia o desenvolvemento deste programa no termo municipal da Laracha por parte da Federación Galega de Surf e da escola Caión Surf House.

Está a participar todo o alumnado do CEIP de Caión e tamén os estudantes de 5º e 6º de primaria do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, sumando en total 88 nenos.
A proposta educativa inclúe a realización dunha fase teórica nas aulas, tanto con módulos en liña como actividades vivenciais presenciais nos propios centros de ensino, e finaliza coa saída á praia de Caión para poñer en práctica o aprendido. A actividade desenvólvese en horario lectivo. 

Comentarios