Venres. 26.04.2024
El tiempo

O CEIP de Caión, exemplo de reciclaxe de baterías usadas

CEIP Caion PIlabot
O CEIP de Caión, exemplo de reciclaxe de baterías usadas

Recía onte o director do CEIP de Caión, o diploma que acredita o segundo premio acadado na segunda edición do concurso de recollida de pilas Pilabot. Un certame no que participaron 150 centros de educación primaria e secundaria de toda Galicia o ano pasado, e que se saldou coa recollida de preto de 59 toneladas de acumuladores e baterías usadas. O centro larachés conseguu recoller nada menos que 46,41 kg de refugallos por alumno.

Un certame que este ano ten nova campaña, pero cuio prazo de presentación remata hoxe 10 de decembro. Os centros educativos de primaria e secundaria que estean interesados en participar poden inscribirse en liña na páxina da campaña, que ten como finalidade a “sensibilización ambiental é fomentar entre a poboación escolar a recollida selectiva dun tipo de residuos que se caracteriza pola súa alta carga contaminante”.

Comentarios